Porto, Portugal
Porto (pt) | |||||
Lema | «Antiga, Mui Nobre, Sempre Leal e Invicta cidade do Porto» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito do Porto | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 237.591 (2011) (5.703,1 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41,66 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico e Río Douro | ||||
Altitude | 104 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Câmara Municipal do Porto (pt) | ||||
• Xefe do goberno | Rui Moreira (pt) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cm-porto.pt | ||||
O Porto[1] é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país,[2][3] capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama.[4] O concello, con 41,42 km² de área,[5] ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011)[6] dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.[7]
É a cidade que lle deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[8] pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía,[9] polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa principal universidade pública: a Universidade do Porto, que se atopa entre as 200 mellores universidades do mundo e entre as 100 mellores universidades de Europa,[10] ben como pola calidade dos seus centros hospitalarios.[11]
É a sede da Área Metropolitana do Porto, que agrupa 17 concellos con 1 757 413 habitantes en 2 089 km² de área, cunha densidade de poboación de 1 098 hab/km², o que sitúa a cidade na 13ª área urbana máis poboada da Unión Europea, sendo, polo tanto, a segunda maior zona urbana portuguesa. O Porto e a Área Metropolitana do Porto constitúen o núcleo estrutural da Rexión Norte, que ten unha área de 21 278 km² (24% do superficie continental de Portugal) e unha poboación de 3 689 609 habitantes (censos de 2011).[12] Comprende 8 subrexións ou unidades de nivel III (NUTS III).[13]
O Porto, xunto cos concellos veciños de Vila Nova de Gaia e de Matosinhos, forma a Fronte Atlántica do Porto[14], que constitúe o núcleo de poboación máis urbanizado da Área Metropolitana, situado no litoral, delimitado, no oeste, polo océano Atlántico, coa influencia estrutural do estuario do río Douro[15], que une Gaia con Porto.
O Porto é a cidade máis importante da altamente industrializada zona litoral da Rexión Norte, onde se atopan gran parte dos grupos económicos do país, tales como a Altri, o Grupo Amorim/Corticeira Amorim, o Banco BPI, a BIAL, a EFACEC, a Frulact, a Lactogal, o Millennium BCP, a Porto Editora, a Sonae, a Unicer ou o Grupo RAR. A Associação Empresarial de Portugal ten sede no Porto. A Rexión Norte é a única rexión portuguesa que exporta máis do que importa.[16]
Historia
[editar | editar a fonte]Ten orixe nun poboado celta prerromano. No tempo dos romanos chamábase Cale ou Portus Cale, sendo a orixe do nome de Portugal.
O 27 de abril do ano 711 comezou a invasión musulmá da Península Ibérica, co desembarque en Xibraltar dun exército mouro de 9000 homes, liderados por Tariq ibn Ziyad.[17][18] No 714, toman Lisboa, e en 715 as forzas islámicas chegan até a rexión norte do actual Portugal, tomando as principais poboacións e cidades, tales como Porto e Braga.[19][20] No 716, practicamente toda a península estaba baixo dominio do Califato omeia,[21][22][23] agás unha pequena zona montañosa de Asturias, onde se refuxiou a resistencia cristiá.[24]
Pasado un século e medio, no 868, xorden as primeiras tentativas de reconquista definitiva, Vímara Peres, un nobre coruñés fundador da terra portugalense, tivo unha importante contribución na conquista do territorio, restaurando así a cidade de Portucale.
Finalmente, e pasados dous séculos dende o inicio da invasión,[17] en 999 uns nobres e valorosos fidalgos gascóns entre os cales se atopaba Nónego bispo de Vendôme en Francia e máis tarde bispo do Porto entraron cunha grande Armada pola foz do río Douro, para expulsar os mouros. Esta armada,que ficou conhecida como a Armada dos Gascóns asociada a Munio Viegas "arrincou" a cidade do Porto ós mouros para dedicarlla á Virxe Nai de Deus. Despois desta batalla, Munio e os "franceses" trataron de reedificar o Porto. Ergueron as antigas e fortes murallas, e na parte máis elevada da cidade fundaron un alcácer acastelado e ben fortalecido que, despois do conde Henrique, serviu de habitación dos bispos, ós cales foi doado. A torre e a porta principal foron obra de Nónego, que, en memória da patria, a nomeou porta de Vandoma, e que na parte frontal da torre fixo erguer o santuario, onde colocou a imaxe da Nosa Señora do Porto, que xa trouxera consigo de Francia.[25]
No ano 1111, Tareixa, condesa de Portugal, nai do futuro primeiro rei de Portugal, concedeu ó bispo Hugo o couto do Porto. Das armas da cidade forma parte a imaxe da Nosa Señora. De alí provén o feito de que o Porto sexa tamén coñecido como "cidade da Virgem", epíteto a que se debe xuntar cos de "Antiga, Mui Nobre, Sempre Leal e Invicta", que lle foran atribuídos ó longo dos séculos e na secuencia de feitos valorosos dos seus habitantes, e que foron ratificados por decreto de María II de Portugal.
Séculos XIV e XV
[editar | editar a fonte]Foi dentro dos seus muros onde se efectuou o casamento do rei Xoán I de Portugal coa princesa inglesa Filipa de Lancaster. A cidade foi berce do Henrique, duque de Viseu, coñecido como o Infante de Sagres ou O Navegador.
Por mor dos sacrificios que a cidade fixo para apoiar a preparación da armada que partiu, en 1415, para a conquista de Ceuta, a poboación do Porto ofreceu ós expedicionarios toda a carne dispoñible, quedando só coas "tripas" para a alimentación dos naturais do Porto. Deste xeito gañaron o alcume de "tripeiros", unha expresión máis agarimosa que pexorativa. É tamén esta a razón pola que o prato tradicional da cidade aínda é, hoxe en día, as "Tripas à moda do Porto". Existe unha confraría especialmente dedicada a este prato típico.
Séculos XVIII e XIX
[editar | editar a fonte]A cidade desempeñou un papel fundamental na defensa dos ideais do liberalismo máis concretamente nas batallas do século XIX. Ademais, a coraxe coa que soportou o cerco das tropas miguelistas durante a guerra civil de 1832-34 e os feitos valorosos cometidos polos seus habitantes no Cerco do Porto, valéronlle mesmo a atribución, pola raíña María II, do título – único entre as demais cidades de Portugal – de Invicta Cidade do Porto (aínda hoxe presente no listel das súas armas), de onde o epíteto con que é frecuentemente mencionada por antonomasia - a «Invicta»). Alberga nunha das súas moitas igrexas - a da Lapa - o corazón de Pedro IV de Portugal, que o ofreceu á poboación da cidade en homenaxe á contribución dos seus habitantes á causa liberal.
Cidade agraciada coa Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito o 26 de abril de 1919.[26]
Cidade das Pontes
[editar | editar a fonte]A cidade do Porto é tamén coñecida pola grandiosidade e innovación das súas pontes, sendo a cidade con maior número de pontes nun río, na Europa.[Cómpre referencia]
- Ponte das Barcas
A Ponte das Barcas foi a primeira ponte a ser construída sobre o río Douro. A necesidade de haber unha travesía para a marxe Sur do Douro para circulación de persoas e mercadorías, constituíu unha preocupación permanente ao longo dos séculos. A travesía do río facíase con recursos a barcos, xangadas, barcazas ou *batelións. A Ponte das Barcas construída con obxectivos máis duradeiros foi inaugurada o 15 de agosto de 1806, e estaba constituída por vinte barcas ligadas por cabos de aceiro e que podía abrir en dúas partes para dar pasaxe ao tráfico fluvial. Foi nesa ponte que se deu a tristemente célebre catástrofe da Ponte das Barcas, en que millares de vítimas pereceron cando fuxían, a través da ponte, ás cargas de baioneta das tropas invasoras do Marechal Soult, o 29 de marzo de 1809.
- Ponte Pénsil
A Ponte Pénsil foi a primeira obra permanente no río Douro. O aumento do tráfico entre Gaia e a cidade o Porto fixo evidente a necesidade da construción dunha nova ponte.
O 2 de maio de 1841 foi posta a primeira pedra da Ponte Pénsil con proxecto dos enxeñeiros Mellet e Bigot. A ponte estaba constituída por dous obeliscos de albanelaría de 18 m de altura, de cada lado, da cima dos cales pendían os cabos de suspensión do taboleiro de 6 m de ancho, incluíndo os paseos laterais con 1 m cada un. O van central tiña 150 metros, dun total de 170 m, entre a escarpa dos Guindais e o sitio do Penedo, en Gaia. Oito cabos, con 220 fíos de ferro cada un, mantiñan o taboleiro a 10 m enriba do nivel das augas e estaban ancorados en pozos verticais de 8 m (lado do Porto) e de 14 m (do lado de Gaia). Concluiuse 21 meses despois, abrindo ao tránsito a 17 de febreiro de 1843. A primeira proba de carga da ponte pesaba 106.770 kg, estando constituída por 103 pipas de auga.
Despois da construción foi erguida unha casa en cada extremidade da ponte para abrigo de gardas militares que celaban pola orde e vixilancia da ponte e tamén pola cobranza dunha portaxe: 5 reis por cada persoa a pé, 20 reis por cada cabalo e 40 por un carro cunha xunta de bois, cada cadeiriña de mans pagaba 60 reis. Todos estes prezos se duplicaban á noite, ou sexa pasados tres cuartos de hora da posta do sol, volvendo ás taxas normais tres cuartos de hora antes de nacer o sol.
Hoxe só son visíbeis os dous piares e o resto da casa do garda na marxe do Porto.
- Ponte de Dona Maria Pia
A Ponte de Dona Maria Pia, así chamada en honra de María Pía de Savoia, é unha obra de grande beleza arquitectónica de autoría de Gustave Eiffel e construída entre xaneiro de 1876 e 4 de novembro de 1877. Foi a primeira ponte ferroviaria en unir as dúas marxes do Douro.
No último cuarto do século XX tornouse evidente que a vella ponte xa non respondía de forma satisfactoria ás necesidades. Dotada dunha soa liña, obrigaba ó paso dunha composición de cada vez, a unha velocidade que non podía exceder os 20 km/h e con cargas limitadas.
Encóntrase desactivada desde que foi substituída pola moderna Ponte de San João. Ninguén ten dúbidas sobre a enorme riqueza deste patrimonio, mais iso non impediu que a Ponte de Dona María se vaia degradando ano tras ano, xa que aínda non foi definida unha utilización práctica para lle dar.
- Ponte Don Luís I
- Artigo principal: Ponte Don Luís I.
Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886 polo propio rei Lois I de Portugal.
A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante moitas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o tránsito de automóbiles entre as dúas marxes.
- Ponte da Arrábida
A Ponte da Arrábida é unha elegante ponte de cemento armado de autoría do enxeñeiro Edgar Cardoso. Comezou a ser construída en maio de 1957 e foi inaugurada en 22 de xuño de 1963. Constituía o tramo final da autoestrada n.º 1 (A1) enlazando Lisboa ao Porto.
O arco da ponte—cuxa corda teórica é de 270 m e a frecha de 52 m -- era, á data da construción, o maior do mundo en cemento armado. O arco grande está formado por dúas costelas, coa largura constante de 8 m cada unha. Todo o interior do arco é *vazado, podendo percorrerse de punta a punta. O taboleiro da ponte ten de longo 493 m.
Inicialmente a ponte tiña dúas faixas de rodaxe de 8 m cada unha, separadas por unha faixa sobreelevada de 2 m de largura; dúas pistas para ciclistas de 1,70 m cada unha e dous paseos marxinais de 1,50 m de largura, tamén sobreelevados. Máis tarde, foron acrecentadas unha faixa de rodaxe en cada sentido, construídas por eliminación das pistas para ciclistas e da redución do separador central.
A pesar da construción da Ponte do Freixo, máis a montante, a Ponte de Arrábida continua a ser a principal ligazón entre a cidade do Porto e a marxe sur do Douro.
- Ponte de San João
Tal como a Ponte da Arrábida, tamén a Ponte de San Xoán foi da autoría do Enxeñeiro Edgar Cardoso. É unha ponte ferroviaria e foi construída para substituír a centenaria Ponte de Dona María Pía.
Ao contrario das outras pontes construídas ata á data, a Ponte de Son Xoán non é en arco, mais adopta unha solución en pórtico, con tres vans—dous de 125 n e un de 250 n -- apoiados en dous maxestosos piares fundados no leito do río. Facendo xuízo ao seu nome, a ponte foi inaugurada no día de San Xoán (24 de xuño) de 1991.
Tal como a Ponte da Arrábida, á data da súa inauguración, tamén a Ponte de San Xoán co seu van central constituíu unha marca mundial neste tipo de pontes.
- Ponte do Freixo
Das pontes que ligan o Porto a Vila Nova de Gaia, a Ponte do Freixo é a que está máis a arriba do río e é tamén a menos bela de todas. Proxecto de autoría do Prof. António Reis, a Ponte do Freixo foi construída na tentativa de minimizar as conxestións no transito automóbil vividos nas Pontes da Arrábida e de Don Luís, particularmente notorios desde finais da década de 1980.
Trátase, na verdade, de dúas pontes construídas lado a lado e afastadas 10 n unha da outra. A ponte ten oito ollos, sendo o principal de 150 n. É unha ponte automobilística con oito carrís de rodaxe (catro en cada sentido), mais cun taboleiro a cotas moi inferiores á de todas as restantes pontes que ligan o Porto a Gaia.
- Ponte do Infante
A Ponte do Infante, bautizada en honra de Henrique, duque de Viseu, nado no Porto, é a máis recente e, segundo moitos, a máis esvelta ponte que liga Porto e Gaia. Foi construída para substituír o taboleiro superior da Ponte Don Luís, entre tanto convertida para uso da "Liña Amarela" (Hospital de San Xoán/Santo Ovidio) do Metro do Porto.
Foi construída pouco a montante da Ponte de Don Luís, en plena zona histórica, ligando o barrio das Fontaínhas (Porto) á Serra do Pilar (Vila Nova de Gaia).
A ponte está constituída por unha viga caixón con 4,5 m de altura apoiada nun arco flexible con 1,50 n de espesura. Trátase dunha ponte á cota alta cunha extensión de 371 m e 20 m de largura no taboleiro. Presenta unha solución de arco semellante á adoptada polo enxeñeiro suízo Robert Maillart nas súas pontes alpinas, cunha frecha de 11,2 n para un ollo de arco con 280 m, o que—como xa vén sendo tradición nas pontes entre o Porto e Gaia—constituíu unha marca mundial nesta tipoloxía de pontes.
Ten dous carrís de rodaxe en cada sentido, con 3,25 m cada, e un separador central con 1 m de largura. A iluminación está colocada á cota baixa, permitindo unha perfecta iluminación da vía, sen sombras.
Monumentos e outros puntos de interese
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Centro histórico do Porto.
Os seguintes monumentos forman parte da historia da cidade do Porto:
- Alfândega Nova
- Arco ou Porta de Sant'Ana
- Cadeia da Relação
- Café Majestic
- Casa Almeida Garrett
- Casa da Reboleira Nº 55
- Casa da Rua da Reboleira, Nº 59
- Casa da Rua de D. Hugo N° 5
- Casa de Serralves
- Casa do Beco dos Redemoinhos
- Casa do Infante
- Castelo de São Jõao da Foz
- Edificio do Goberno Cívil
- Estación de San Bento
- Facultade de Ciencias de Porto
- Farol/Capela de São Miguel-o-Anjo
- Feitoria Inglesa
- Forte de São Francisco Xavier
- Hospital de Santo António
- Igrexa da Lapa
- Igrexa de Santo Ildefonso
- Livraria Lello e Irmão
- Mercado Ferreira Borges
- Monumento a Pedro IV
- Monumento Almeida Garrett
- Monumento aos Heróis da Guerra Peninsular
- Muralha Fernandina
- Muralha Primitiva
- Paço Episcopal
- Paços do Concelho
- Palacio da Bolsa do Porto
- Palácio de S. João Novo
- Palácio do Freixo
- Pilares da Ponte Pênsil
- Postigo do Carvão
- Praça da Batalha
- Praça e Cais da Ribeira
- Ruína Medieval da Casa da Câmara
- Sé Catedral
- Teatro Nacional São João
- Torre Medieval
- Torre dos Clérigos
Museos
[editar | editar a fonte]- Sé do Porto
- Castelo do Queijo
- Casa Museu Fernando de Castro
- Casa Museu Guerra Junqueiro
- Casa Museu Marta Ortigão Sampaio
- Casa-Oficina António Carneiro
- Centro Português de Fotografia
- Fundação Engº António de Almeida
- Fundação Maria Isabel Guerra Junqueiro e Luís Pinto de Mesquita Carvalho
- Gabinete de Numismática - Casa Tait
- Museu da Indústria
- Museu da Misericórdia
- Museu de Arte Contemporânea de Serralves
- Museu de Arte Sacra
- Museu de História Natural
- Museu de Transportes e Comunicações
- Museu do Carro Eléctrico
- Museu do Papel Moeda
- Museu do Vinho do Porto
- Museu Militar do Porto
- Museu Nacional da Imprensa, Jornais e Artes Gráficas
- Museu Nacional Soares dos Reis
- Museu Romântico da Quinta da Macieirinha
- Casa Museu do Infante - Museu Medieval - Museu da Cidade
Outros puntos de interese:
- Aeroporto de Sá Carneiro
- Casa da Música
- Parque da Cidade
- Casa das Artes
- Jardim Botânico
- Galería do Palácio
- Pavilhão da Água
- Planetário do Porto
- Estádio do Dragão
- Palacio de Cristal
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Limpabotas no Porto
-
Coliseu do Porto
-
Libraría Lello e Irmão
Cidades máis poboadas de Portugal[28] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lisboa Sintra | |||||||||||
Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Vila Nova de Gaia Porto | |||
1 | Lisboa | Lisboa | 555 733 | 11 | Oeiras | Lisboa | 172 120 | ||||
2 | Sintra | Lisboa | 377 835 | 12 | Gondomar | Norte | 168 027 | ||||
3 | Vila Nova de Gaia | Norte | 302 295 | 13 | Guimarães | Norte | 158 269 | ||||
4 | Porto | Norte | 237 591 | 14 | Seixal | Lisboa | 162 592 | ||||
5 | Cascais | Lisboa | 206 479 | 15 | Odivelas | Lisboa | 144 549 | ||||
6 | Loures | Lisboa | 205 054 | 16 | Coímbra | Centro | 143 396 | ||||
7 | Braga | Norte | 181 494 | 17 | Santa Maria da Feira | Norte | 139 312 | ||||
8 | Matosinhos | Norte | 175 478 | 18 | Vila Franca de Xira | Lisboa | 136 886 | ||||
9 | Amadora | Lisboa | 175 136 | 19 | Maia | Norte | 135 306 | ||||
10 | Almada | Lisboa | 174 030 | 20 | Famalicão | Norte | 133 832 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portuense.
- ↑ Poboación residente segundo os Censos 2011 Arquivado 16 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de xuño de 2016.
- ↑ Mapas segundo INE - Censos. Consultado o 12 de xuño de 2016.
- ↑ GaWC Research Network (13 de abril de 2010). "The World According to GaWC 2008 (O Mundo Segundo a GaWC 2008)". www.lboro.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 5 de maio de 2010.
- ↑ Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine. (ficheiro Excel zipado). Consultado o 28 de novembro de 2013.
- ↑ INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento: separador "Q101_NORTE"). Consultado o 27 de xullo de 2013.
- ↑ Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de xaneiro, Anexo I. Consultado 19 de xullo de 2013.
- ↑ Centro Histórico do Porto, classificado como Património Mundial pela UNESCO
- ↑ Restauração da cidade do Porto
- ↑ "Apresentação da Universidade do Porto".
- ↑ "Hospital de Santo António, no Porto, eleito, em 2014, como o melhor do país". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2016.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística. "População residente (N.º) por Local de residência, Sexo; Decenal (2011)". Consultado o 1 de setembro de 2011.
- ↑ Assembleia da República (2013). "Diário da República/Leinº75/2013 de 12 de Setembro" (PDF). Consultado o 26 de novembro de 2014.
- ↑ "Frente Atlântica do Porto". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 23 de agosto de 2016.
- ↑ "Estuário do Rio Douro - Porto e Vila Nova de Gaia". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2016.
- ↑ Região do Norte de Portugal, que tem, como capital, o Porto, é a região que mais exporta
- ↑ 17,0 17,1 "April 29 711 AD - Moorish General Tariq ibn-Ziyad Lands at Gibraltar". Consultado o 19 de maio de 2015.
- ↑ "Medieval Sourcebook: Ibn Abd-el-Hakem: The Islamic Conquest of Spain". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 19 de maio de 2015.
- ↑ Collins, Roger (1989). The Arab Conquest of Spain 710-797. ISBN 0-631-19405-3.
- ↑ "História e Geografia de Braga". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "Omíadas". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "Os Omíadas". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "A Expansão Árabe". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "Invasão Muçulmana da Península Ibérica". 19 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016.
- ↑ COELHO, José Júlio Gonçalves. Notre-Dame de Vendôme et les Armoiries de la Ville de Porto, Mémoire Historique et Archéologique. Vendôme 1907
- ↑ "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais".
- ↑ Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[27]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto, Portugal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Porto". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1676. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Porto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Francis, A.D. John Methuen and the Anglo-Portuguese Treaties of 1703. The Historical Journal Vol. 3, No. 2
- Glover, Michael, The Peninsular War 1807–1814 Penguin, 1974.
- Loyrette, Henri. Gustave Eiffel. Nova York: Rizzoli, 1985 ISBN 0 8478 0631 6
- Redacción Quidnovi, con coordinación de José Hermano Saraiva, História de Portugal, Dicionário de Personalidades, Volume VIII, Ed. QN-Edição e Conteúdos,S.A., 2004
- Smith, Digby, The Napoleonic Wars Data Book Greenhill, 1998.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Câmara Municipal do Porto
- Politécnico do Porto
- Universidade do Porto
- STCP - Transportes Públicos
- Metro do Porto
- CP - Comboios Urbanos do Porto
Predecesor: Aviñón Bergen Boloña Bruxelas Cracovia Helsinqui Praga Reiquiavik Santiago de Compostela |
Capital Europea da cultura xunto con Rotterdam 2001 |
Sucesor: Salamanca Bruxas |